Nas sesións, que se desenvolverán na UNED durante cinco venres pola tarde a partir do día 5 de novembro, visionaranse cinco filmes estranxeiros para invitar a reflexionar desde unha perspectiva de xénero sobre realidades sociais e culturais diferentes á galega
O vídeo-forum “MULLERES NO MUNDO, II EDICIÓN” e organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, en colaboración coa UNED e con Radiofoz, para achegarlle mediante o cinema a cidadanía mariña e galega a realidade vital de mulleres moi diversas pertencentes a ámbitos sociais e culturais afastados e distantes.
O vídeo-forum “MULLERES NO MUNDO” desenvolverase nas aulas da UNED de Foz durante cinco venres consecutivos, a partir do día 5 de novembro, en horario de 19 a 21 horas. O prazo de inscrición está xa aberto, e na actividade poden anotarse todas as persoas que o desexen, estándose a tramitar créditos de libre configuración para as persoas participantes. Quen desexe inscribirse na actividade, totalmente gratuíta, debe porse en contacto coa UNED de Foz, ben escribindo un correo electrónico a http://es.mc236.mail.yahoo.com/mc/compose?to=foz@lugo.uned.es, chamando por teléfono ao 982133699 ou acudindo presencialmente ás aulas da universidade en Foz (sitas na rúa Castelao, s/n).
As sesións de “MULLERES NO MUNDO” estarán guiadas por membras do Observatorio da Mariña pola Igualdade. A metodoloxía a seguir consiste en realizar unha breve presentación e contextualización do filme, para a continuación realizar o visionado da película que corresponda a cada día:
● 5 de novembro : Los Limoneros. Dirección de Eran Riklis , Israel.
● 12 de novembro: Osama. Dirección de Siddiq Barmak, Afganistán.
● 19 de novembro: Persépolis. Dirección de Marjane Satrapi, Irán/Francia.
● 26 de novembro: Agua. Dirección de Deepa Mehta , India.
● 3 de Decembro: Offside. Dirección de Jafar Panahi, Irán.
Me entero releyendo....jeje...
ResponderEliminarDecirte que cuando he entrado en el me ha parecido de lo más profesional, me ha encantado el aspecto! Enhorabuena!
Te sigo,
Vivian,