martes, 28 de septiembre de 2010

Curso de Monitor de Tempo Libre

Este curso, constarán de dúas fases:

Fase teórico-practica: terá unha duración mínima de 200 horas lectivas. Esta fase realizarase seguindo unha metodoloxía activa, dinámica e participativa. Trátase dunha fase presencial, puediendo faltar un máximo do 20% do curso. Esta fase ten unha proba escrita para ser aprobada.

Fase practica: 150h. Realizarase unha vez terminada a fase anterior. Constará dun mínimo de 14 días de actividade intensiva, que se realizará en acampamentos, colonias, albergues, campos de traballo e outros, en bloque non inferiores a 3 días, ou de 150 horas de actividade periódica nunha entidade ou asociación que traballe no campo da educación no tempo libre. A fase practica desenvolverase nun prazo máximo de 2 anos desde o termo da fase teórico-practico.

Requisitos:
Para matricularse cumprirá estar en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos:
- Graduado en educación secundaria, graduado escolar, ESO ou outro equivalente.
- Técnico auxiliar en formación profesional ou outra equivalente.
- Ser maior de idade.

O curso dispón de 25 prazas, para as que se seguirá estritamente a orde de inscrición. En caso de non cubrirse estas 25 prazas o curso non se realizará, devolvendo importe de matricula do curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario