lunes, 1 de marzo de 2010

Curso Creación de Páxinas Web HTML

Introdución
O desenvolvemento de contidos de calquera índole e a súa presentación é unha das necesidades máis frecuentes na sociedade actual. Para iso, contamos con gran cantidade de ferramentas que nos permiten estruturar a información para a súa presentación e transmisión.

Para publicar información e distribuíla globalmente a través da web necesítase unha linguaxe universal que sexa comprensible por todos os sistemas. Esta linguaxe é o HTML que constitúe o obxecto deste curso.


A linguaxe HTML non é máis que un documento de texto cunha serie de etiquetas, que indican ao navegador o modo no que ten que interpretar e presentar o texto, as imaxes ou os sons. As siglas HTML corresponden a Hyper Text Mark-up Language (linguaxe de etiquetas de hipertext).

Obxectivos

-Ofrecer os conceptos básicos para a creación e publicación de páxinas WEB
-Crear documentos HTML correctamente formateados
-Manexar elementos textuais e gráficos, así como contido multimedia
-Crear e usar formularios
-Adquirir nocións básicas de JavaScript
-Utilizar ferramentas adecuadas para facilitar o desenvolvemento de páxinas WEB
Importe da Matrícula 25€
Alumnado UNED/IES de Foz 20€

No hay comentarios:

Publicar un comentario