jueves, 4 de febrero de 2010

Prevención de Riscos Laborais (Iniciación)

Introdución
A prevención de riscos laborais é a disciplina que busca promover a seguridade e saúde dos/as traballador/as mediante a identificación, avaliación e control dos perigos e riscos asociados a un proceso produtivo, ademais de fomentar o desenvolvemento de actividades e medidas necesarias para previr os riscos.

As normas básicas de seguridade e saúde nos centros de traballo condicionan de forma significativa as condicións xerais de traballo, son un conxunto de medidas destinadas a protexer
a saúde dos/as traballador/as previr accidentes e promover o coidado da maquinaria ferramentas e materiais cos que se traballa. As normas concrétanse nun conxunto de prácticas de sentido común onde o elemento clave é a actitude responsable e a concienciación de todas as persoas a que afecta.
Datas de Celebración
Do 22 ao 25 de febreiro (18 horas), 16 a 20:30 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario