miércoles, 27 de enero de 2010

Cómo Enfrentarnos ao Mundo da Adiccións

INTRODUCIÓN
O consumo de alcohol e outras drogas suscita preocupación social: por un lado, certas características do noso medio social que poden facilitar o consumo destas substancias, por outro a etapa da vida en que adoita iniciarse o seu consumo.
Os problemas derivados afectan a toda a comunidade, pero de forma especial ao núcleo familiar, sendo este o primeiro sector afectado, a un tempo que debe ser o principal ámbito de acción para o traballo de prevención.
Por iste motivo, e tendo en conta o papel modelador que juega a familia no individuo, cremos que a formación e información sobre o tema, é unha peza clave na prevención e intervención das adiccións. Dirixirase, no fundamental, ao traballo de orientación e apoio á familia, a promover estilos de vida saudable da poboación, ao incremento de actividades para un emprego axeitado do tempo libre e ao control dos focos vulnerables á drogadicción.
Tamén incluiranse actividades de información e divulgación axeitada que permitan estimular actitudes afastadas do consumo de drogas.
Como se pode apreciar todos estes programas levan implícitas actividades de concienciación do fenómeno da drogadicción e as súas consecuencias para o individuo, a familia e a sociedade dirixida a manter as persoas sas e afastadas do uso indebido das drogas.
Data de Realización
12 de febreiro de 2010 de 16 a 20 horas

No hay comentarios:

Publicar un comentario