viernes, 18 de diciembre de 2009

Curso Lingua de Signos

A lingua de signos é unha lingua natural de expresión e configuración xesto-espacial e percepción visual (e incluso táctil por certas persoas con xordocegueira), grazas á que as persoas xordas poden establecer unha canle de información básica para a relación co seu contorno social, xa sexa conformado por xordos ou oíntes. Mentres que coa lingua oral a comunicación establécese nunha canle vocal-auditiva, a lingua de signos faino por unha canle xesto-viso-espacial. Nos últimos anos, o interese pola aprendizaxe da Lingua de Signos incrementouse considerablemente; a gran demanda de persoas interesadas en coñecer e aprender esta lingua consolidou as clases de Lingua de Signos española de ALUSOR (Acción Lucense de Xordos).

A Aula Universitaria de Foz, en colaboración con ALUSOR, organiza un curso de Lingua de Signos que cumpre a normativa regulada pola fegaXor (Federación Galega de Persoas Xordas).

No hay comentarios:

Publicar un comentario